viernes, 14 de febrero de 2020

Didáctica - Tema 1

Ola a todos! Nesta última entrada, vou a falar sobre o Tema 1, o cal traballamos na sesión do 9 de xaneiro. Este tema trata sobre as situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras.

Á hora de adquirir unha lingua, atopámonos con tres conceptos básicos: lingua inicial, segunda lingua e lingua estranxeira. A lingua inicial é aquela que se aprende durante a infancia de maneira natural e inconsciente no seno da familia, incluso antes de que se produza a escolarización. Poderíase adquirir máis de unha lingua durante esta etapa, dándose o fenómeno do bilingüismo. Tende a considerarse sinónimo de lingua materna, pero aínda non existe un consenso sobre isto. A segunda lingua ou L2 é un idioma que se aprende despois de adquirir a lingua incial. Esta segunda lingua adquírese na maioría dos casos mediante a inmersión, xa que é a lingua que se fala no lugar onde vive a persoa que a aprende: por exemplo, se un inmigrante vén a España e aprende o noso idioma, entón o español sería a súa segunda lingua. Aquí radica a principal diferenza entre a segunda lingua e a lingua estranxeira, xa que está última apréndese na escola de maneira consciente e sen estar no país de onde provén esa lingua. Por exemplo, un inglés que aprende español en Inglaterra estaría aprendendo unha lingua estranxeira, xa que o español non é un idioma oficial nese país. Para poder apreciar mellor as diferenzas entre estas palabras, realizamos por grupos de catro un diagrama de Venn, no cal debíamos poñer as principais características da aprendizaxe da lingua materna e da lingua estranxeira. O máis interesante desta actividade foi a posta en común, xa que puidemos comprobar como, dependendo do contexto de aprendizaxe de cada persoa, pode chegar a ser extremadamente difícil diferenciar estos tres conceptos.



Isto lévanos á seguinte parte da sesión, na cal aprendemos tres novos conceptos con respecto ás linguas, esta vez dependendo do seu contexto de uso: lingua habitual, lingua de traballo e lingua vehicular. A lingua habitual é aquela que un falante emprega na maioría das situacións comunicativas nas que se atopa ao longo do día. Esta lingua non sempre coincide coa lingua inicial do falante, xa que un inmigrante utilizará a lingua do país ao que emigrou para comunicarse, pero esa no foi a lingua que aprendeu durante a súa primeira infancia. A lingua de traballo é a lingua que hai que empregar para comunicarse nunha compañía, empresa, sociedade, Estado, órgano ou organización. É a lingua de correspondencia diaria e de conversación usual entre os seus membros. Por exemplo, os funcionarios en España deben comunicarse no seu posto de traballo na lingua ou linguas oficiais do país, independemente de cal sexa a súa lingua inicial ou habitual. A lingua vehicular é unha lingua que adoptan dous o máis falantes de linguas diferentes para poder comunicarse, polo que este concepto está intimamente ligado ao de lingua franca. A lingua vehicular tamén pode referirse á lingua de preferencia nun determinado ámbito técnico: por exemplo, se nunha reunión sobre tecnoloxía hai tres persoas que falan francés e unha que fala español, escollerán falar en inglés independetemente de se a persoa española sabe francés ou non, xa que o inglés é a lingua de preferencia en ámbitos relacionados coa tecnoloxía. 

A seguinte actividade que realizamos foi un Placemat, no cal dividimos un folio A3 en catro seccións deixando un recadro no medio para as preguntas. Cada membro tiña que responder individualmente, e despois tiñamos que pornos de acordo para dar unha resposta. As preguntas que lle tocaron ao meu grupo foron: “Na Unión Europea fálanse máis de 40 linguas distintas. Usa todas a Comisión Europea?” e “Unha profesora castelanfalante de Historia nun centro de ensino público, en qué lingua dará as súas aulas?”. No noso caso, sorprendeume a resposta a última pregunta, xa que descoñecía a lexislación ao respecto (ademais de que as dúas profesoras de Historia que tiña en Bacharelato daban clase en castelán).



Por último, gustaríame introducir o concepto de repertorio lingüístico. O noso repertorio lingüístico é o conxunto de habilidades e competencias que posuímos no uso dunha ou máis linguas, ademais de nas distintas variedades de cada unha delas. Dise que un falante posúe un repertorio lingüístico amplio cando é capaz de adecuar a súa actuación lingüística a situacións de uso moi diversas, as cales están condicionadas por factores como o estatus social dos interlocutores, o seu nivel de estudos, o tipo de relación que existe entre eles, o grupo de idade ao que pertencen, o seu lugar de residencia, etc. Na didáctica das linguas, o termo alude tanto ao repertorio de recursos e variedades lingüísticas que unha persoa posúe nunha lingua estranxeira que está a aprender, como tamén ás diversas linguas nas que é capaz de comunicarse, tanto na aula como fóra dela. Aquí vos deixo o repertorio lingüístico que fixemos en conxunto varias persoas do grupo 1.



En conclusión, este tema está máis centrado na diferenciación de termos lingüísticos relacionados coa adquisición das linguas. A pesar de que moitos deles xa os coñecía da carreira, sempre está ben facer un repaso e ver cómo estes termos se aplican de maneira distinta en cada persoa, xa que cada un temos o noso propio background nas linguas. Ademais, o repertorio lingüístico é algo que me gustaría ter traballado máis en profundidade, xa que consideramos que saber unha lingua é saber os elementos puramente lingüísticos que a conforman, pero saber un idioma vai más alá.

5 comentarios:

  1. Ola Lidia!

    Tes toda a razón cando dis que esta parte da didáctica estaba máis centrada na parte teórica que na práctica, inda que as actividades que fixemos foran bastante útiles.
    A pesar de que en principio unha gran cantidade de teoría dá sensación de pesadez e modorra (como cando acabas de comer un delicioso cocido), neste caso é certo que o feito de repasar termos sempre ven ben. Ademáis, neste caso a introducción de diferentes matices sobre o bilingüismo (do que moi acertadamente falou a nosa compañeira Emma) fixo que o xa aprendido cobrara unha dimensión diferente ao aportar novos lados nese cadrado maravillos que é a lingua.
    Tamén estoy dacordo contigo en que deberiamos ter visto máis sobre o repertorio lingüístico, xa que teño a sensación de que nos quedamos un puco coxos nese senso ao non poder ter a clase que nos correspondía.
    Coma sempre, os teus últimos párrafos sempre son os máis xugosos (o cal non quere dicir que os anteriores sexan malos, por suposto) pero as túas conclusións soen ser acertadas.

    ¡Saudos, Lidia!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola, Lidia!

    Tu entrada me ha parecido muy clara y fácil de entender. En primer lugar, agradezco la explicación que has hecho sobre los términos de lengua inicial, segunda lengua y lengua extranjera, pues personalmente confundía los dos últimos y la disparidad de opiniones y definiciones disponibles en Internet solo alimenta esa confusión. Además, mucha gente tiende a decir “X lengua es mi segunda lengua” para referirse a un idioma que han aprendido en un contexto propio de lengua extranjera, por lo que cabe decir que es más que necesario establecer de forma clara y concisa la diferencia entre ambas. Por otro lado, me sorprende que la legislación establezca el idioma en el que se ha de impartir una materia. Quizás habría que tener más en cuenta la opinión de los/las docentes, pues impartir clase en un idioma que puede no ofrecer seguridad podría influir en la calidad del proceso de enseñanza-aprendizaje. En cualquier caso, como tú dices, son muchos/as los/as docentes que no siguen lo establecido por esta legislación. ¡Enhorabuena por la entrada y un saludo!

    ResponderEliminar
  4. Boas, Lidia:
    Parabéns pola entrada, fuches moi concisa coas definicións dos termos (e fixeches ben en non meterte en máis fregaos para explicar os demais sinónimos de lingua inicial/nativa/primeira... e toda esa tolería).
    Tes moita razón no que dis sobre que os termos están pouco definidos e son confusos, e non axuda o feito de que "a xente da rúa" os empregue como mellor lles parece, sen coñecer o seu significado exacto ou as súas connotacións, o que leva a malentendidos erros e demais.
    Con respecto ó que comentas da obriga de dar as clases nunha lingua ou outra, coido que calquera normativa deste tipo que se queira impoñer está destinada a fracasar. E con isto non quero dicir que a normativa vaia desaparecer, simplemente que será unha realidade no papel pero unha fantasía nas aulas. Coido que, alén de que a elección do libro de texto poida facerse tendo en conta o idioma da publicación (para favorecer a aprendizaxe de contidos en galego ou en castelán), é un pouco absurdo pedirlle a alguén galegofalante que dea unha clase en castelán (ou viceversa) cando non é a súa lingua de traballo ou pode non ter tanta fluidez nese idioma. Penso nalgúns docentes que tivemos hai non moito tempo ós que se lles notaba o afán por querer falar galego, pero que acababan tirando cara o castelán en medio das explicacións porque non estaban afeitos a expresarse nesta lingua. Isto levábaos a facer construcións híbridas galego-castelán que resultaban confusas, a autocorrixirse mentres falaban, e a dicir algunhas cousas que non tiñan moito sentido, o que rompía o ritmo da clase. Malia que son defensora do uso do galego no ámbito académico, coido que ás veces é mellor asumir as nosas limitacións e favorecer unha comunicación efectiva aínda que sexa en detrimento do uso do galego na aula.
    Si que é unha mágoa que non puidésemos ver máis en profundidade o asunto do repertorio lingüístico, xa que resulta moi interesante, en especial para motivar ó noso alumnado demostrándolle que teñen máis coñecementos de lingua dos que eles mesmos pensan.

    Saudiña,
    Alba

    ResponderEliminar
  5. ¡Hola, Lidia!

    En primer lugar, me gustaría felicitarte por la entrada tan clara y completa que has hecho. Considero que, en general, la mayor parte de las personas no sabe que existen diferencias entre los conceptos de lengua inicial, segunda lengua y lengua extranjera. De hecho, suelen confundir el aprendizaje de una segunda lengua con el de una lengua extranjera. También me ha llamado la atención que no exista un consenso acerca de si los conceptos de lengua inicial y lengua materna son sinónimos, ya que siempre pensé que identificaban una misma realidad. Por ello, creo que tu entrada explica las diferencias que hay entre los términos de manera concisa y con unos buenos ejemplos. Por último, estoy de acuerdo con mis compañeras y compañeros en que fue una pena que no pudiéramos profundizar en el repertorio lingüístico porque, como indica Alba, es un aspecto interesante que se puede trasladar al aula de lenguas extranjeras y, por tanto, a nuestro futuro alumnado.

    ¡Un saludo!

    ResponderEliminar