Un saúdo!
Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Rodríguez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cristina Rodríguez. Mostrar todas las entradas
jueves, 6 de febrero de 2020
Comentarios en blogs de Didáctica (Cristina)
Aquí están os comentarios que fixen en blogs de compañeiros:
Didáctica - Tema 4
Ola a todos! Nas últimas sesións da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras (correspondentes aos días 15 de xaneiro e 4 de febreiro) traballamos o Tema 4, o cal trata os distintos tipos de avaliación e o uso de rúbricas.
Primeiro, gustaríame introducirvos a un termo moi coñecido pero que é máis complexo do que parece: a avaliación. A avaliación é un dos temas con maior protagonismo no ámbito educativo, xa que educadores, familias e estudantes son máis conscientes da importancia e as repercusións do feito de avaliar ou de ser avaliado. Na maioría das ocasións a avaliación está asociada aos exames e as cualificacións, e isto ten que ver coa concepción da avaliación que ten a maioría da poboación. O propio dicionario da Real Academia Española dá dúas definicións da avaliación: “sinalar o valor dunha cousa” e “estimar, apreciar, calcular o valor dunha cousa”. A pesar disto, a medida que se foi concebindo á educación como un proceso no que interveñen distintos axentes e circunstancias que inflúen nos seus resultados, tamén se foi modificando a idea que temos de avaliación. A día de hoxe, considérase a avaliación como un proceso que implica a recollida de información cunha posterior interpretación, para facer posible a emisión dun xuízo de valor que permita orientar a acción ou a toma de decisións.
Podemos distinguir tres tipos de avaliación. En primeiro lugar temos a avaliación inicial ou diagnóstica, que é aquela que se aplica ao comezo dun proceso de ensinanza-aprendizaxe. Esta avaliación permite detectar a situación de partida dos estudantes que van empezar a súa formación. Desde o meu punto de vista, esta avaliación é a máis importante, xa que na aula de idiomas é clave axustarse ao nivel do grupo aula para poder conseguir unha aprendizaxe significativa. En segundo lugar está a avaliación formativa ou continua, que permite a continua monitorización da aprendizaxe do alumnado e, polo tanto, a obtención rigurosa de datos ao longo dese mesmo proceso, de modo que en todo momento se posúa o coñecemento apropiado da situación. A súa finalidade non só é avaliar, senón tamén mellorar ou perfeccionar o proceso que se avalía. Esta avaliación resulta extremadamente útil xa que lle permite ao docente tomar as decisións necesarias para mellorar a aprendizaxe de forma inmediata. Unha das maneiras de mellorar o proceso sería mediante o feedback, o cal tradicionalmente se presentou mediante cifras númericas, pero que pode tomar disintas formas: comentarios personalizados, reunións presenciais, checklists, etc. Por último, a avaliación sumativa ou final supón a valoración final do proceso de ensinanza-aprendizaxe, o cal xa está rematado. A súa finalidade é determinar o valor dese produto final (neste caso, un grao de aprendizaxe), e decidir se o resultado é positivo ou negativo. Non se pretende mellorar nada con esta avaliación de forma inmediata, senón valorar definitivamente.
A pesar de que as tres avaliacións anteriormente mencionadas son os principais métodos, gustaríame facer unha mención especial á co-avaliación e á auto-avaliación, a cal permite que o alumnado sexa un axente activo no seu propio proceso de ensinanza-aprendizaxe, ao mesmo tempo que obteñen feedback dos seus compañeiros. Para este tema fixemos diversas actividades, a maioría de debate. Un dos debates foi sobre a maneira de dar feedback, e preguntóusenos cal criamos que era o mellor método, ademais de preguntarnos qué sistema funcionaría mellor: dar só cualificacións, dar cualificacións e comentarios ou só comentarios. A maioría opinamos que dar só cualificacións non é bo, pero que está ben se van acompañadas doutro tipo de feedback. Ironicamente, está demostrado que o alumnado que máis melloraba era o que só recibía comentarios. A isto eu atribúolle un factor psicolóxico máis que un sistemático: o noso sistema educativo xira ao redor das cualificacións numéricas, e cando liberamos aos nosos estudantes da carga mental que ás veces supón ese “número”, o seu rendemento e a súa motivación melloran considerablemente.
Unha vez entendidos os distintos tipos de avaliación, qué instrumentos utilizamos para levala a cabo? Hai moitos para escoller, pero o máis coñecido e popular nos últimos tempos foi a rúbrica. As rúbricas son guías de puntuación usadas na avaliación do desempeño dos estudantes que describen as características específicas dun produto, proxecto ou tarefa en varios niveis de rendemento, co fin de clarificar o que se espera do traballo do alumno, de valorar a súa execución e de facilitar a proporción de feedback. As vantaxes do uso de rúbricas cos estudantes son moitas: teñen moita máis información que utilizando outros instrumentos, fomentan a auto-avaliación, coñecen de antemán os criterios cos que serán avaliados, promoven a responsabilidade do alumnado xa que en función dos criterios expostos poden revisar os seus propios traballos antes de entregalos ao profesor, etc. As rúbricas tamén son vantaxosas para os docentes, xa que incrementan a obxectividade do proceso avaliador e axústanse ás esixencias da avaliación por competencias. Fixemos dúas actividades relacionadas cos instrumentos de avaliación: na primeira, tivemos que deseñar unha rúbrica para nosa primeira actividade do tema 5, a cal non saíu moi ben xa que nos resultou difícil atopar descriptores para avaliar o multiculturalismo; na segunda, eliximos un instrumento de avaliación que usariamos en clase, e o noso grupo escolleu o Kahoot xa que nos permite obter estatísticas do alumnado e saber que é o que falla e con cantas persoas falla.
En conclusión, os avances na educación van intrínsicamente ligados aos avances na avaliación, xa que a última é unha parte vital da primeira. Xa puidemos comprobar que a avaliación ten diversas funcións, pero para min a máis importante é que lle permite ao estudante saber en qué parte do proceso de aprendizaxe está e qué ten que facer para seguir avanzando. Por moito que invirtamos o noso tempo en empregar metodoloxías activas e en deseñar actividades cooperativas, se o proceso avaliador falla, atoparémonos con estudantes estancados que poden non ver a utilidade en todo o que están facendo. Polo tanto, a avaliación é un elemento curricular ao que se lle debe prestar máxima atención xa que de non facelo corremos o risco de bloquear o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
lunes, 20 de enero de 2020
Didáctica - Tema 5
Ola a todos! Nestas primeiras sesións da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras (correspondentes aos días 9, 13 e 15 de xaneiro) traballamos o Tema 5, que trata os distintos tipos de actividades de lingua que podemos poñer en práctica nunha aula de linguas estranxeiras.
En primeiro lugar están as actividades de mediación, que consisten en transmitir unha información concreta a outra persoa porque, por algún motivo, esa persoa non é capaz de comprender esa información, é dicir, trátase de crear pontes entre linguas. Este tipo de actividades teñen un enfoque orientado á acción, xa que é unha metodoloxía de aula na que os alumnos simulan como utilizarían a lingua nunha situación na vida real. O concepto de mediación apareceu por primeira vez en 2001 no Marco Común Europeo de Referencia, onde se empezou a falar da mediación como unha interpretación para unha terceira persoa, pero non se desenvolveron as súas escalas ata o 2018 coa actualización do Marco. Cabe mencionar que actualmente a mediación forma parte do currículum das Escolas Oficiais de Idiomas, e aparece no curriculum de Secundaria aparece nos criterios de avaliación e nos estándares de aprendizaxe. As actividades de mediación están estreitamente relacionadas ao concepto de plurilingüismo, o cal moitas é confundido co multilingüismo. O termo plurilingüismo fai referencia á presenza simultánea de dúas ou máis linguas na competencia comunicativa dun individuo e á interrelación que se establece entre elas. Os coñecementos e experiencias lingüísticas dun individuo poden adquirirse ben nas súas contornas culturais ou ben na escola, e organízanse en sistemas que se relacionan e interactúan entre si, contribuíndo así a desenvolver a competencia comunicativa do suxeito. Para establecer o noso perfil plurilingüe, fixemos unha actividade en grupos de 3 ou 4 persoas para presentarnos e coñecer cal era a nosa competencia lingüística. Ademais, tras analizar diversos exemplos de actividades de mediación, tamén por grupos realizamos unha actividade en Google Drive na cal crearíamos a nosa propia actividade de mediación. No meu grupo, o número 4, deseñamos unha actividade a partir dunha ficha, a cal se centraba en explorar a visión que tiña o alumnado das realidades culturais estranxeiras e propias despois dun suposto viaxe a Canadá. Esta actividade pode chegar a ser complicada á hora de aplicarse na aula, posto que é difícil traballar o plurilingüismo e as diferentes identidades culturais sen caer en estereotipos e tópicos.
Outro tipo de actividades que traballamos son as actividades de comprensión oral e escrita. Existen dous tipos de comprensión: comprensión intensiva, que é a que se realiza na aula, e a comprensión extensiva, que é a que se realiza fóra da aula a través de películas, libros, música, etc. Este tipo de actividades pode realizarse de distintas maneiras: identificar actitudes ou opinións, entender instrucións, entender vocabulario en contexto, adquirir coñecemento para utilizalo noutra situación, etc. A comprensión tamén pode ser de dous tipos: para captar as ideas principais e para buscar unha información específica, tamén coñecido como skimming e scanning. Á hora de levar acabo actividades de comprensión escrita na aula, deben seguirse unha serie de pasos: familiarización, primeira lectura, segunda lectura, post-lectura, posta en común e comprensión do sentido/vocabulario. As actividades de comprensión oral están divididas en catro partes: familiarización, primeira escoita, segunda escoita e posta en común. Por grupos, realizamos unha actividade de comprensión, a cal posteriormente debíamos enviar por correo. No noso grupo fixemos unha actividade de comprensión oral a partir dun video de Youtube, pensada para un nivel B2. Esta actividade dura uns 75 minutos, xa que estaría pensada para EOI.
O último tipo de actividades das que falamos son as actividades de produción e interación oral e escrita. As actividades escritas son bastante largas e tediosas, polo que os docentes tenden a mandalas de deberes para que o alumnado as realice na casa de maneira individual. En lugar disto, o profesor pode optar realizar estas actividades na aula, intentando facelas máis colaborativas e interactivas. Para isto, en lugar de primar a extensión do texto e a súa correción gramatical, pode centrarse en traballar os distintos procesos que se levan a cabo para facer un texto (planificación, borrador e versión final) ou intentar que o alumnado realice mensaxes cortas para poder darlles o maior feedback posible no momento. Para traballar as actividades en clase, por grupos propuxemos unha actividade escrita para facer na aula de maneira cooperativa. No noso caso, dividiríamos a clase por grupos e cada grupo debía escribir unha reseña a partir dun trailer. Despois debían compartir esa reseña cos seus compañeiros para ver se o tráiler lles parecía atractivo ou non.
As actividades de produción e interación oral son as máis importantes, xa que actualmente dáselle moito peso ás competencias orais nos currículums de linguas estranxeiras. O docente ten que ter coidado co seu tempo de fala, xa que canto máis fale él/ela, máis tempo de fala lle está restando aos estudantes. E se o alumnado non fala na aula, é máis difícil que perdan o medo a falar noutro idioma e adquiran fluídez, xa que as posibilidades de poder practicar a produción e interación oral fóra da aula son menores. Para poñer en práctica este tipo de actividades, poden levarse a cabo debates, xogos de rol, concursos, teatro, etc. Para practicar, a profesora enviounos unha páxina web a cada un de nós, na cal debíamos escoller unha actividade para explicarlla aos demais membros do noso grupo. Eu escollín unha actividade para practicar a escritura, pero varias compañeiras do meu grupo escolleron actividades orais moi interesantes.
En conclusión, as actividades son o centro de calquera aula, e é de suma importancia planificalas para que poidan ter éxito. Todas estas actividades están relacionadas entre sí, aínda que tradicionalmente tenden a traballarse por separado. Por exemplo, na actividade de produción escrita que pensamos no noso grupo, o alumnado tamén traballa a produción oral, xa que teñen que comunicarse cos membros do seu grupo e teñen que dicir qué opinan das reseñas dos seus compañeiros de clase. Ademais, é importante ter en conta as características do grupo-aula á hora de plantexar as actividades, xa que a mesma actividade pode funcionar nunha clase e fracasar estrepitosamnte noutra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








