Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de enero de 2020

Didáctica - Tema 5

Ola a todos! Nestas primeiras sesións da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras (correspondentes aos días 9, 13 e 15 de xaneiro) traballamos o Tema 5, que trata os distintos tipos de actividades de lingua que podemos poñer en práctica nunha aula de linguas estranxeiras. 

En primeiro lugar están as actividades de mediación, que consisten en transmitir unha información concreta a outra persoa porque, por algún motivo, esa persoa non é capaz de comprender esa información, é dicir, trátase de crear pontes entre linguas. Este tipo de actividades teñen un enfoque orientado á acción, xa que é unha metodoloxía de aula na que os alumnos simulan como utilizarían a lingua nunha situación na vida real. O concepto de mediación apareceu por primeira vez en 2001 no Marco Común Europeo de Referencia, onde se empezou a falar da mediación como unha interpretación para unha terceira persoa, pero non se desenvolveron as súas escalas ata o 2018 coa actualización do Marco. Cabe mencionar que actualmente a mediación forma parte do currículum das Escolas Oficiais de Idiomas, e aparece no curriculum de Secundaria aparece nos criterios de avaliación e nos estándares de aprendizaxe. As actividades de mediación están estreitamente relacionadas ao concepto de plurilingüismo, o cal moitas é confundido co multilingüismo. O termo plurilingüismo fai referencia á presenza simultánea de dúas ou máis linguas na competencia comunicativa dun individuo e á interrelación que se establece entre elas. Os coñecementos e experiencias lingüísticas dun individuo poden adquirirse ben nas súas contornas culturais ou ben na escola, e organízanse en sistemas que se relacionan e interactúan entre si, contribuíndo así a desenvolver a competencia comunicativa do suxeito. Para establecer o noso perfil plurilingüe, fixemos unha actividade en grupos de 3 ou 4 persoas para presentarnos e coñecer cal era a nosa competencia lingüística. Ademais, tras analizar diversos exemplos de actividades de mediación, tamén por grupos realizamos unha actividade en Google Drive na cal crearíamos a nosa propia actividade de mediación. No meu grupo, o número 4, deseñamos unha actividade a partir dunha ficha, a cal se centraba en explorar a visión que tiña o alumnado das realidades culturais estranxeiras e propias despois dun suposto viaxe a Canadá. Esta actividade pode chegar a ser complicada á hora de aplicarse na aula, posto que é difícil traballar o plurilingüismo e as diferentes identidades culturais sen caer en estereotipos e tópicos. 

Outro tipo de actividades que traballamos son as actividades de comprensión oral e escrita. Existen dous tipos de comprensión: comprensión intensiva, que é a que se realiza na aula, e a comprensión extensiva, que é a que se realiza fóra da aula a través de películas, libros, música, etc. Este tipo de actividades pode realizarse de distintas maneiras: identificar actitudes ou opinións, entender instrucións, entender vocabulario en contexto, adquirir coñecemento para utilizalo noutra situación, etc. A comprensión tamén pode ser de dous tipos: para captar as ideas principais e para buscar unha información específica, tamén coñecido como skimming e scanning. Á hora de levar acabo actividades de comprensión escrita na aula, deben seguirse unha serie de pasos: familiarización, primeira lectura, segunda lectura, post-lectura, posta en común e comprensión do sentido/vocabulario. As actividades de comprensión oral están divididas en catro partes: familiarización, primeira escoita, segunda escoita e posta en común. Por grupos, realizamos unha actividade de comprensión, a cal posteriormente debíamos enviar por correo. No noso grupo fixemos unha actividade de comprensión oral a partir dun video de Youtube, pensada para un nivel B2. Esta actividade dura uns 75 minutos, xa que estaría pensada para EOI. 



O último tipo de actividades das que falamos son as actividades de produción e interación oral e escrita. As actividades escritas son bastante largas e tediosas, polo que os docentes tenden a mandalas de deberes para que o alumnado as realice na casa de maneira individual. En lugar disto, o profesor pode optar realizar estas actividades na aula, intentando facelas máis colaborativas e interactivas. Para isto, en lugar de primar a extensión do texto e a súa correción gramatical, pode centrarse en traballar os distintos procesos que se levan a cabo para facer un texto (planificación, borrador e versión final) ou intentar que o alumnado realice mensaxes cortas para poder darlles o maior feedback posible no momento. Para traballar as actividades en clase, por grupos propuxemos unha actividade escrita para facer na aula de maneira cooperativa. No noso caso, dividiríamos a clase por grupos e cada grupo debía escribir unha reseña a partir dun trailer. Despois debían compartir esa reseña cos seus compañeiros para ver se o tráiler lles parecía atractivo ou non. 

As actividades de produción e interación oral son as máis importantes, xa que actualmente dáselle moito peso ás competencias orais nos currículums de linguas estranxeiras. O docente ten que ter coidado co seu tempo de fala, xa que canto máis fale él/ela, máis tempo de fala lle está restando aos estudantes. E se o alumnado non fala na aula, é máis difícil que perdan o medo a falar noutro idioma e adquiran fluídez, xa que as posibilidades de poder practicar a produción e interación oral fóra da aula son menores. Para poñer en práctica este tipo de actividades, poden levarse a cabo debates, xogos de rol, concursos, teatro, etc. Para practicar, a profesora enviounos unha páxina web a cada un de nós, na cal debíamos escoller unha actividade para explicarlla aos demais membros do noso grupo. Eu escollín unha actividade para practicar a escritura, pero varias compañeiras do meu grupo escolleron actividades orais moi interesantes. 

En conclusión, as actividades son o centro de calquera aula, e é de suma importancia planificalas para que poidan ter éxito. Todas estas actividades están relacionadas entre sí, aínda que tradicionalmente tenden a traballarse por separado. Por exemplo, na actividade de produción escrita que pensamos no noso grupo, o alumnado tamén traballa a produción oral, xa que teñen que comunicarse cos membros do seu grupo e teñen que dicir qué opinan das reseñas dos seus compañeiros de clase. Ademais, é importante ter en conta as características do grupo-aula á hora de plantexar as actividades, xa que a mesma actividade pode funcionar nunha clase e fracasar estrepitosamnte noutra.


miércoles, 4 de diciembre de 2019

TEMA 5: Diario

Nesta entrada vou falar dun dos contidos do Tema 5: o marco lexislativo e a distribución competencial no currículum de ESO e Bacharelato. O deseño curricular base recolle os seguintes elementos: obxetivos, competencias clave, contidos, estándares de aprendizaxe, metodoloxía e criterios de avaliación. Estes garanten o carácter oficial e a validez en todo o territorio nacional das titulacións ás que se refire a LOMCE. Existen tres graos de concreción curricular, que se explican na seguinte imaxe: 



Ademais, á hora de implantar o currículum da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, tense en conta o seguinte marco legal. 

  • A Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE do 29). 
  • O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29). 
  • A Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 21). 

A distribución competencial na ESO e Bacharelato divídese entre catro organismos: o Goberno do Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autonómico e o centro educativo. O Goberno do Estado establece os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliables e o horario lectivo mínimo das materias troncais e específicas. O Ministerio de Educación deseña e fixa as características e o contido das probas de avaliación final. Os Gobernos Autonómicos fixan o horario lectivo máximo das disciplinas troncais e específicas, ademais de facer recomendacións aos centros sobre a metodoloxía didáctica a empregar. Por último, o centro decide qué metodoloxía didáctica empregrar, a oferta de materias específicas e a carga horaria das materias.

En conclusión, a pesar da cantidade de lexislación que existe en materia de educación e das poucas competencias que posúen os centros educativos, o currículum educativo español é bastante flexible, xa que serve como base ou guía para implementar as políticas de educación pero deixalle aos docentes certa marxe de actuación propia, algo que non sucede en currículums máis cerrados como o de Inglaterra.


martes, 3 de diciembre de 2019

TEMA 5: Dossier

Nas dúas sesión do Tema 5, correspondentes ao 21 e 28 de novembro, realizamos un total de cinco actividades. 

Actividade 1: debate piramidal.

Este actividade consistía en debatir por parellas o tema proposto polo profesor. A continuación, os grupos de debate pasarían a ser de 4 persoas, logo de 8, logo de 16 e, finalmente, de toda a clase. Neste debate falamos sobre o deseño curricular, polo que na miña opinión este exercicio foi máis ben de repaso xa que a primeria materia do máster trata, precisamente, sobre o deseño curricular. Aínda así, grazas a esta actividade o profesor puido establecer cal era o noso nivel de coñecemento con respecto ao tema.

Actividades 2 e 4: Kahoot.

Falarei destas dúas actividades ao mesmo tempo xa que ambas usan a mesma plataforma. O primeiro Kahoot realizouse de forma individual e trataba sobre a distribución competencial na ESO e Bacharelato. O segundo Kahoot fíxose de forma grupal e trataba sobre a distribución competencial na EOI. O Kahoot parécceme unha ferramenta entretida e interactiva, pero eu platexaríaa doutra maneira. É dicir, en lugar de utilizar o Kahoot para explicar a materia, empregaríao para facer un repaso, xa que a velocidade á que se desenvolve a actividade dificulta o asentamento do coñocemento adquirido, polo que ao rematar moitas das respotas xa se me esqueceran. 



Actividade 3: documento de Google colaborativo.

Nesta actividade tamén estabamos divididos en grupos, e cada grupo encargábase de buscar información sobre o tema asginado. A partir da información atopada, debíamos elaborar unha presentación para expoñer diante dos nosos compañeiros/as. Ademais, debíamos relfexionar sobre qué elementos curricularres movilizamos á hora de realizar esta actividade. Por un lado, o tema da actividade pareceume interesante, xa que este máster céntranse moito na ESO, e estivo ben informarse un pouco sobre a Formación Profesional. Por outro lado, creo que esta actividade resultaría moito mellor se tivésemos máis tempo para realizala, xa que de seguro teríamos atopado moita máis información e teríamos asimilado mellor a aprendizaxe.



Actividade 5: presentación de Google colaborativa.

Esta foi a última actividade do Tema 5. Esta actividade, enfocada ao funcionamento da EOI, consistía en que cada persoa tiña un tema a desenvolver, e tiña que facelo nunha sola diapositiva. A actividade pareceume moi interesante, e o tema tamén me pareceu moi necesario xa que a EOI tamén está bastante esquecida neste máster. A pesar disto, esta actividade resultou ser a máis odiada para min, e o motivo foi a desilguadade dos temas. Por exemplo, mentres que había temas que estaban divididos entre varias diapostivas, a min tocoume facer nunha sola a avaliación, a promoción e a permanencia na EOI. Vinme abrumada pola cantidade de información que me foi imposible procesar e resumir e, a pesar de que o tema me interesaba, esta actividade deixoume mal sabor de boca.

En conclusión, as aplicacións como Kahoot axudan a que as clases se volvan máis amenas, e Google Drive é unha plataforma que facilita o traballo colaborativo a través das TICs (a pesar dos pequenos fallos que pode presentar calquera programa informático). Aínda así, á hora de plantexar actividades, hai que ter extremo coidado coa organización dos temas e a división do tempo para cada actividade, xa que son dous factores que poden determinar o seu éxito ou fracaso.