lunes, 20 de enero de 2020

Didáctica - Tema 5

Ola a todos! Nestas primeiras sesións da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras (correspondentes aos días 9, 13 e 15 de xaneiro) traballamos o Tema 5, que trata os distintos tipos de actividades de lingua que podemos poñer en práctica nunha aula de linguas estranxeiras. 

En primeiro lugar están as actividades de mediación, que consisten en transmitir unha información concreta a outra persoa porque, por algún motivo, esa persoa non é capaz de comprender esa información, é dicir, trátase de crear pontes entre linguas. Este tipo de actividades teñen un enfoque orientado á acción, xa que é unha metodoloxía de aula na que os alumnos simulan como utilizarían a lingua nunha situación na vida real. O concepto de mediación apareceu por primeira vez en 2001 no Marco Común Europeo de Referencia, onde se empezou a falar da mediación como unha interpretación para unha terceira persoa, pero non se desenvolveron as súas escalas ata o 2018 coa actualización do Marco. Cabe mencionar que actualmente a mediación forma parte do currículum das Escolas Oficiais de Idiomas, e aparece no curriculum de Secundaria aparece nos criterios de avaliación e nos estándares de aprendizaxe. As actividades de mediación están estreitamente relacionadas ao concepto de plurilingüismo, o cal moitas é confundido co multilingüismo. O termo plurilingüismo fai referencia á presenza simultánea de dúas ou máis linguas na competencia comunicativa dun individuo e á interrelación que se establece entre elas. Os coñecementos e experiencias lingüísticas dun individuo poden adquirirse ben nas súas contornas culturais ou ben na escola, e organízanse en sistemas que se relacionan e interactúan entre si, contribuíndo así a desenvolver a competencia comunicativa do suxeito. Para establecer o noso perfil plurilingüe, fixemos unha actividade en grupos de 3 ou 4 persoas para presentarnos e coñecer cal era a nosa competencia lingüística. Ademais, tras analizar diversos exemplos de actividades de mediación, tamén por grupos realizamos unha actividade en Google Drive na cal crearíamos a nosa propia actividade de mediación. No meu grupo, o número 4, deseñamos unha actividade a partir dunha ficha, a cal se centraba en explorar a visión que tiña o alumnado das realidades culturais estranxeiras e propias despois dun suposto viaxe a Canadá. Esta actividade pode chegar a ser complicada á hora de aplicarse na aula, posto que é difícil traballar o plurilingüismo e as diferentes identidades culturais sen caer en estereotipos e tópicos. 

Outro tipo de actividades que traballamos son as actividades de comprensión oral e escrita. Existen dous tipos de comprensión: comprensión intensiva, que é a que se realiza na aula, e a comprensión extensiva, que é a que se realiza fóra da aula a través de películas, libros, música, etc. Este tipo de actividades pode realizarse de distintas maneiras: identificar actitudes ou opinións, entender instrucións, entender vocabulario en contexto, adquirir coñecemento para utilizalo noutra situación, etc. A comprensión tamén pode ser de dous tipos: para captar as ideas principais e para buscar unha información específica, tamén coñecido como skimming e scanning. Á hora de levar acabo actividades de comprensión escrita na aula, deben seguirse unha serie de pasos: familiarización, primeira lectura, segunda lectura, post-lectura, posta en común e comprensión do sentido/vocabulario. As actividades de comprensión oral están divididas en catro partes: familiarización, primeira escoita, segunda escoita e posta en común. Por grupos, realizamos unha actividade de comprensión, a cal posteriormente debíamos enviar por correo. No noso grupo fixemos unha actividade de comprensión oral a partir dun video de Youtube, pensada para un nivel B2. Esta actividade dura uns 75 minutos, xa que estaría pensada para EOI. 



O último tipo de actividades das que falamos son as actividades de produción e interación oral e escrita. As actividades escritas son bastante largas e tediosas, polo que os docentes tenden a mandalas de deberes para que o alumnado as realice na casa de maneira individual. En lugar disto, o profesor pode optar realizar estas actividades na aula, intentando facelas máis colaborativas e interactivas. Para isto, en lugar de primar a extensión do texto e a súa correción gramatical, pode centrarse en traballar os distintos procesos que se levan a cabo para facer un texto (planificación, borrador e versión final) ou intentar que o alumnado realice mensaxes cortas para poder darlles o maior feedback posible no momento. Para traballar as actividades en clase, por grupos propuxemos unha actividade escrita para facer na aula de maneira cooperativa. No noso caso, dividiríamos a clase por grupos e cada grupo debía escribir unha reseña a partir dun trailer. Despois debían compartir esa reseña cos seus compañeiros para ver se o tráiler lles parecía atractivo ou non. 

As actividades de produción e interación oral son as máis importantes, xa que actualmente dáselle moito peso ás competencias orais nos currículums de linguas estranxeiras. O docente ten que ter coidado co seu tempo de fala, xa que canto máis fale él/ela, máis tempo de fala lle está restando aos estudantes. E se o alumnado non fala na aula, é máis difícil que perdan o medo a falar noutro idioma e adquiran fluídez, xa que as posibilidades de poder practicar a produción e interación oral fóra da aula son menores. Para poñer en práctica este tipo de actividades, poden levarse a cabo debates, xogos de rol, concursos, teatro, etc. Para practicar, a profesora enviounos unha páxina web a cada un de nós, na cal debíamos escoller unha actividade para explicarlla aos demais membros do noso grupo. Eu escollín unha actividade para practicar a escritura, pero varias compañeiras do meu grupo escolleron actividades orais moi interesantes. 

En conclusión, as actividades son o centro de calquera aula, e é de suma importancia planificalas para que poidan ter éxito. Todas estas actividades están relacionadas entre sí, aínda que tradicionalmente tenden a traballarse por separado. Por exemplo, na actividade de produción escrita que pensamos no noso grupo, o alumnado tamén traballa a produción oral, xa que teñen que comunicarse cos membros do seu grupo e teñen que dicir qué opinan das reseñas dos seus compañeiros de clase. Ademais, é importante ter en conta as características do grupo-aula á hora de plantexar as actividades, xa que a mesma actividade pode funcionar nunha clase e fracasar estrepitosamnte noutra.


4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Ola Lidia!

    Parabéns pola túa entrada, na que resumes de maneira clara e concisa a teoría e a práctica levada a cabo nestas sesións.

    Concordo contigo en que, as veces e dependendo da actividade proposta, tratar o plurilingüismo nas aulas pode resultar unha tarefa complicada, xa que, aínda que hoxe en día está moi presente no alumnado, non creo que se lle estea prestando a atención necesaria. Con todo, se como docentes logramos que nas aulas convivan de xeito adecuado distintas culturas e linguas conseguiremos fomentar a multiculturalidade e mitigar a presenza dos estereotipos e tópicos que mencionas. Para lograr isto, como futuros docentes de linguas estranxeiras, podemos promover un ambiente de respecto e tolerancia no noso alumnado grazas ó uso de actividades de lingua como as que vimos neste tema. Ao cabo, especialmente a mediación e a interacción que deberemos traballar co noso grupo aula, son a esencia dunha boa comunicación, e esta non deixa de ser a base para un bo entendemento..

    Outro aspecto que mencionas, e que me parece moi interesante, e o da gran importancia que ten o planear e deseñar as actividades de lingua de xeito adecuado. Se non prestamos atención ó nivel do noso alumnado e a súa motivación, as actividades que lle propoñamos poden non acadar os resultados positivos que tiñamos coma obxectivo, provocando a súa indiferenza e falta de participación activa. Pola outra banda, de sermos capaces de atraer a súa atención e de que as leven a cabo con interese, poderemos, coma ben dis, traballar simultaneamente varios tipos de actividades, simulando así un contexto real.

    Unha vez máis, foi un pracer ler a túa entrada.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Buenas Lidia:

    Como compañera de grupo en la práctica de la materia, nos ha resultado muy útil el diseño de estas actividades. El poder potenciar aquellas destrezas más prácticas y necesarias a la hora de adquirir un lenguaje es un objetivo esencial en nuestra labor como docentes. Y todo esto por medio de la motivación del alumnado, se conseguirán resultados asombrosos.

    En mi experiencia académica, en el aula de idiomas no hacíamos este tipo de tareas: toda metodología se basaba meramente en lo propuesto en el libro o el cuaderno de ejercicios. Hasta el propio docente desprendía desmotivación. Sin embargo, si compaginamos la gramática y vocabulario con las actividades de ejemplo de esta materia, conseguiremos que el alumnado aprenda más sobre aquellos aspectos que caracterizan a un idioma, tales como la cultura e historia. Con actividades como la de los prejuicios y características de países de habla extranjera, conseguiremos que el alumnado valore y respete aquellas realidades culturales del mundo además de la suya propia.

    Puede que con el tiempo y con más recursos y facilidades como la tecnología, nos sea más fácil diseñar y llevar al aula de idiomas este tipo de actividades.

    ResponderEliminar
  4. ¡Buenas, Lidia!

    Tu entrada me parece muy buena, pues haces una descripción muy completa y detallada de los contenidos que trabajamos en esas sesiones. Me gustaría felicitaros y a ti y a tu grupo por la actividad de producción escrita, me parece muy interesante. En ella, proponéis un uso real de la lengua que hace que el alumnado se sienta motivado, especialmente al saber que sus compañeros leerán sus reseñas. Además, al hacerla sobre un trailer, los estudiantes trabajarán sobre algo que es objeto de interés para ellos y no sobre cosas que no les son familiares. También me gusta mucho la forma en la que planteáis la actividad para que sea colaborativa. Basándome en mi experiencia como estudiante de Secundaria y Bachillerato, las actividades de producción escrita normalmente se hacían de manera individual en forma de redacciones que nos mandaban de deberes para casa. Normalmente eran sobre temas que no reflejaban nuestra realidad o con supuestos poco realistas, como escribirle una carta a Obama o hablar un tema muy concreto, como el cambio climático y el reciclaje. A mí, como estudiante, estas actividades no me parecían nada motivadoras, simplemente se trataba de poner por escrito la mayor cantidad posible de vocabulario relacionado con el tema, sin tener en cuenta nuestros intereses o nuestra realidad cotidiana.

    Algo que también me parece interesante es lo que mencionas sobre la importancia de las actividades de producción oral, creo que los enlaces que compartió la profesora con nosotras son muy útiles para desarrollar en el aula la producción oral, pues en ellos pudimos ver numerosos ejemplos de actividades de este tipo que pueden resultar al alumnado mucho más atractivas que una mera exposición. No sé si en tu caso era así, pero en el instituto, nuestra producción oral siempre se evaluaba por medio de una exposición y, generalmente, solo hacíamos una por curso. Esto me parece un fallo de planteamiento de la materia, pues creo que poder expresarnos de forma oral es algo fundamental si queremos dominar un idioma. Al no trabajarla mucho en clase, muchos estudiantes teníamos que recurrir a las estancias en el extranjero para poder mejorar nuestro speaking y realmente ponerlo en práctica.

    Una vez más, te felicito por la entrada y por las actividades, creo que has desarrollado este tema de una forma brillante y muy interesante.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar